Galegos por obra e graza do idioma

Por Daniel Seixo

“Soamente preservando as nosas enerxías autóctonas, a nosa capacidade creadora, é como poderemos contribuír á civilización universal incorporando a ela as nosas creacións inéditas.”

«Se aínda somos galegos e por obra e graza do idioma.»

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

«¡Casteláns de Castela, / tratade ben ós gallegos: / cando van, van como rosas; / cando vén, vén como negros! /… Van probes e tornan probes, / van sans e tornan enfermos, / que anque eles son como rosas, / tratádelos como negros.»

Rosalía de Castro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A linguaxe, un mecanismo polo que somos o que somos. Unha arma contra o esquecemento, unha ferramenta para lograr crecer, evolucionar e poder legar os nosos esforzos e o global da nosa experiencia ás xeracións futuras. Un símbolo común, un sonho compartido, un recordo constante, un paso decidido ao futuro.

Resulta recorrente o debate en redes acerca da imposición do galego, unha elaborada teoría baseada na suposta politización do seu uso levada a cabo por terroristas galegofalantes sen compaixón e as trabas e impedimentos que a poboación foránea atopa na súa experiencia diaria na Galiza. Presidentes incapaces de conxugar as súas intricadas formas verbais, turistas presuntuosamente perdidos debido á súa rebelde toponimia e trabalhadores públicos pouco menos que escravizados ata lograr conhecer o uso básico do idioma materno dun pobo no que pretenden trabalhar ao longo da súa vida. Algo quizais compresíbel para nenos que alcanzan o seu dominio en primaria, pero de xeito evidente insufríbel para aqueles que pretenden sacar adiante unha oposición.

Non imos deixar que sexa na terra nai do galego onde o noso idioma común desapareza

Contan as malas linguas que nin a valerosa e castellanoparlante Gloria Lago logrou civilizar ás recónditas aldeas de irredutibles galaicos que a cotío resisten por obra e graza do seu idioma os intentos apenas disimulados de colonización cultural desde a suposta imparcialidade e o cínico e incomprensíbel recurso a unha falsa racionalidade para tentar imponher unha visión única e uniforme de evolución cultural. Pouco lhes importa a estes inhorantes, féridos e duros o descenso inusitado de falantes do idioma galego nos núcleos urbanos, o seu descenso igualmente alarmante entre a mocidade, a poboación xeral da Galiza  ou a súa soterrada sanción en numerosas institucións públicas e especialmente no campo académico. Non sacia o seu ánimo de imposición a realidade dun idioma que sobrevive en práctica situación de lingua estranxeira entre a súa propia poboación, nin a súa exclusión de cada vez máis sectores vitais para o desenvolvemento común dun pobo. Pretenden devolvernos a unha longa noite de pedra nesta ocasión de forma definitiva, pretenden domarnos e castrarnos cernando o noso acervo común. Aquilo que a pesar da súa inusitada e prolongada invención da historia, a súa ocupación militar e a súa represión policial, permitiunos seguir vivos e libres.

E resulta curiosa por tanto o alienamento mental daqueles que desde a suposta esquerda repiten os velhos mantras da ditadura fascista para tachar de vítima ao vitimario, para falar de opresión por parte do oprimido. Resulta ridículo ter que argumentar fronte a eles a necesidade dun idioma vivo e propio na nosa saúde pública, os nosos centros de ensino ou nos nosos bares e rúas. Resulta abafante buscar palabras apenas perdidas para narrar a vergonha sometida que sobrevive en gran parte da nosa poboación que aínda hoxe considera que no banco debe falarse en castelán ou que non se pode usar con preferencia o idioma galego cando non se está na aldea. Resulta triste e abafante perder o tempo en lembrar os velhos tics de sanción franquista cando a nosa propia lingua cantouse ante reis, narrou gloriosas batalhas e aínda hoxe sobrevive con boa saúde entre unha comunidade lingüística de milhóns de falantes ao redor do mundo.

Non sacia o seu ánimo de imposición a realidade dun idioma que sobrevive en práctica situación de lingua estranxeira entre a súa propia poboación

E é por iso que non imos deixar que sexa na terra nai do galego onde o noso idioma común desapareza, non o imos permitir porque nos apoia a razón, porque o noso dereito para expresarnos, ser atendidos nas institucións públicas ou poder gozar da nosa cultura en galego, non depende das vosas apetencias, necios caprichos ou aparentemente pétreos privilexios. Tal e como a dinastía filipina foi incapaz de erradicar a nosa voz das fronteiras portuguesas, tampouco os Borbóns nin as súas raíces estendidas ao longo do estado espanhol poderán erradicar o uso do idioma galego do noso propio pobo. E por iso hoxe, o día das letras galegas, quero dedicar estas humildes verbas ao combate contra a opresión cultural, a denunciar a constante imposición dun idioma alheo que quere borrar as nosas propias pegadas e o sinalamento do indigno respaldo a esta empresa levado a cabo por aqueles que con cínico sorriso din ser demócratas, mentres pretenden someter a un pobo.

«Ai neniña, en galego nunca s’escribiron os recibos das contribucions.“

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Una respuesta a “Galegos por obra e graza do idioma

Add yours

  1. Artículo 3
    1. El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla.

    2. Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos.

    3. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección.
    Tremendo.
    El punto 3 es muy claro, se le debería dar con él en la cabeza a aquéllos que se niegan a que el galego sea preferente.
    Y en este punto hacer una observación que personalmente considero muy importante.
    En el punto 1, se dice todo el mundo tiene derecho a saberlo y utilizarlo
    (Espero que no se me malinterprete y que se entienda bien lo que quiero explicar)
    Entiendo que ese derecho es una cualidad del idioma, por lo tanto aquellos idiomas que también son oficiales en las Naciones que integran este país y así lo indican en sus estatutos, TAMBIÉN TIENEN ESA CUALIDAD, es decir, todos tienen el derecho de saberlo y usarlo.
    Para que quede claro, y a partir de aquí se le recuerda a esas fuerzas conservadoras que siempre están bloqueando las cosas , LOS GALLEGOS-AS, TIENEN EL DERECHO DE SABER Y USAR Y EL DEBER DE CONOCER SU IDIOMA.
    ESTO ES INDISCUTIBLE.
    Y cómo bien indica y exige el punto 3, SERÁ OBJETO DE ESPECIAL RESPETO Y PROTECCIÓN.
    Nuestros idiomas son un patrimonio cultural que deben protegerse.
    (Lo he repetido varias veces, pero lo considero necesario para que no haya dudas)
    Un saludo

Deja un comentario

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑