Por Daniel Seixo Puxeron cravos nos seus canóns e taparon o medo, encheron de coraxe nos seus corazóns e lograron derrocar ao tirano. Longas noites de Zeca Alfonso e renovados amenceres de fraternidade. Esqueceram burgueses e ditadores que o final o povo é quem mais ordena

Por Daniel Seixo República sempre república Xa que non existe rei bo nin política honesta se non escoita o pobo se non é parte do pobo Aquel 14 de abril naceu esperanza naceu futuro, pese o terror pese os paseos pese o fascismo Aquel día de 1931 Brotou en todos nós semente de vencer.

Por Daniel Seixo Chámanos terroristas asasinos radicais… Acoden á nosa terra para secuestrar aos nosos mozos, aos nosos derradeiros rebeldes. Din actuar en nome da liberdade e a democracia, pero sempre a súa represión se dirixe sobre a nosa pobre clase obreira á nosa convencida resistencia. Chámanos terroristas radicais, máis sempre para nós serán patriotas irmãos... Continue Reading →

Por Daniel Seixo Soldado e poeta exemplo de dignidade e coraxe perdeu o seu sangue en Teruel, Andalucía e Extremadura Deixou a súa pegada en cada páxina na nosa alma Viento del pueblo el rayo que no cesa eterna poesía Dedicada sempre aos seus companheiros e a loita obreira.

Denantes mortos

Por Daniel Seixo Queren roubar-nos a respiração matar o nosso pobo con esquecemento e escurantismo. Din que falar galego é de necios paletos e radicais Pero non comprenden minha terra a herdança de reis irmnadinhos e poetas. Non entendem pobo meu, que enquanto sigamos falando galego mentres siga viva a nossa lingua, não vai morrer nunca... Continue Reading →

Por Daniel Seixo Deu-me verdadeira preguiza explicar o meu punto de vista. Non é que non crea na liberdade nin moito menos que non crea no amor. Simplemente non creo nun falso concepto de liberdade nin nun falso concepto do amor. Foder libremente con que queres, non e o mesmo que querer libremente a quen fodes.

Por Daniel Seixo Poetisa de terra triste e loita eterna Sinxela carícia nas sombras versos de ferro coragem na loita Non imaxino Galiza sen Rosalía non penso a minha terra sen o son da súa poesía

Blog de WordPress.com.

Subir ↑