Galiza, longa noite de pedra

“O teito é de pedra.

De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra
Longa noite de pedra, Celso Emilio Ferreiro

“Castellanos de Castilla,
tratade ben ós galegos;
cando van, van como rosas;
cando vén, vén como negros.

Cando foi, iba sorrindo,
cando ven, viña morrendo;
a luciña dos meus ollos,
o amantiño do meu peito

 Aquel máis que neve branco,
aquel de dozuras cheo,
aquel por quen eu vivía
e sen quen vivir non quero.
Foi a Castilla por pan
e saramagos lle deron;
déronlle fel por bebida.
peniñas por alimento.

Déronlle, en fin, canto amargo
ten a vida no seu seo…
¡Casteláns, casteláns,
tendes corazón de fero!”

Castellanos de Castilla de Rosalía de Castro

Galicia, terra dotada dun infinito manto verde, inhóspitas e  crueis costas, meigas e pratos sempre recentes presentes en cada casa e taberna. Carreiros agrestes, pese ao asfalto, debuxados entre cidades e aldeas percorridas demasiado a miúdo ao son das gaitas das súas romarías e o sabor do seu caldo, as súas empanadas ou o seu marisco… bañados todos eles finalmente en Albariño ou unha Estrella Galicia. Terra indómita á vez que sumisa, eternamente enfangada no profundo soño dun pobo guerreiro que algún día espertará para reclamar a viva voz os seus dereitos. Pobo Irmandiño, rebelde nas súas formas e retranqueiro ao longo do tempo ante señores forasteiros e autóctonos dictadores. Fogar de grandes plumas e vellos cantares, a miúdo ignorados polo imperdonable pecado de quen ama á súa propia lingua fronte á estranxeira. Vehículo de versos á añoranza de quen emigra, pero tamén á rebeldía de quen sempre manterá presente no seu peito un anaco da súa terra, por lonxe que a necesidade o empurre. Terra ferida nos seus costumes, na súa xente e a súa lingua, sometida e conquistada ao longo do tempo, pero tamén orgullosa e desafiante ante quen desde fóra, finalmente quixese vela por sempre axeonllada.

Repetíronse unha vez máis dende Castilla as burlas e reproches sobre o votante galego tralas últimas eleccións Autonómicas, nas que o PPdG, comandado por Alberto Núñez Feijóo, revalidou con folgura a súa maioría absoluta pese á campaña de ilusión promovida por En Marea e a suposta fortaleza unitaria da esquerda. Puxeron quizais na nosa terra demasiadas ilusións, quen dirixindo o asalto ao ceo dende Castela, quixeron ver na parafernalia electoralista, un novo movemento irmandiño inexistente. Supuxo En Marea un paso adiante na necesidade de confluencia dunha esquerda que en Galicia, loita contra xigantes, uns monstros con pés de barro, pero petos de ouro, cos que poder comprar ao seu gusto vontades e votantes. Un sistema caciquil herdanza do propio franquismo, cuxas reminiscencias sobreviven nunha nación onde por terra, aire e televisión, se lanza a mensaxe ao exterior dunha Galicia idílica de canto e pandeireta, mentres nas súas entrañas, a despoblación, o paro e a corrupción, afogan a un pobo falto de ilusión que en demasiadas ocasións, por non loitar ante xigantes, prefire emigrar.

Un país sen modelo territorial, que exemplifica perfectamente a submisión e incompetencia do seu goberno fronte a un escuro futuro, nunha comunidade na que no ano 2024 os xubilados duplicarán aos menores de 20 anos. Onde durante 2014, perdéronse 48 habitantes cada día, mentres a inacción do goberno, lograba que a taxa de natalidad chegase aos 7,2 nacementos por cada mil habitantes, convertendo a Galicia nunha das comunidades coa taxa de natalidade máis baixa da península. Unha poboación que se desangra á vez que o fan os seus ata agora sectores produtivos vitais, a industria, o cerco, as conserveiras, o sector agrícola, o lácteo…todos eles enfrontados nos últimos anos á realidade dunha economía propia das colonias, onde a precariedad dos seus traballadores, contrasta co caudillismo económico dos seus dirixentes.

En Galicia as normas son ditadas polos poderosos, mentres os seus cidadáns aínda hoxe, enfróntanse durante o seu día a día ao signo de quen en certa forma, aínda non abandonou o sistema de poder propio do feudalismo. Unha terra de señores e vasallos, que ata a súa vida deben poñer a disposición de quen os goberna, un país ao que se lle roubou a verdade e a democracia, á vez que se mercaba ao rebelde e se castigaba ao pecador. Onde silenciosamente se privatizou a vida e a súa natureza, á vez que se desterrou á cultura, savia da resistencia da nosa xente. Actuacións políticas, todas elas por obra e graza de señores corruptos dende o berce, saqueadores e amigos da represión, gobernantes estranxeiros nunha terra conquistada, pero non castrada. Reprodúcese aínda hoxe silenciosamente a resistencia ao expolio en cada posto de traballo precario, en cada agricultor ou gandeiro sometido á ditadura dos prezos propia das multinacionais, en cada consumidor das nosas aldeas que xermina a súa resistencia na fartura ante as eléctricas e a precariedad do seu servizo. Cada parado, cada mozo emigrante, cada xubilado tomado por parvo nas súas estúpidas excursións, cada nai e pai dos presos independentistas, cada galego e cada galega orgullosos dunha terra que hoxe, permanece hipotecada para beneficio de quen pese a nacer en Galicia, pretende cimentar o seu trono fóra dela. Non merece a nosa terra un goberno que a desprece.

Pese a todo, volvemos o 25 de Xullo a celebrar o día da nosa patria nunha postura de resistencia fronte ao bárbaro invasor, aquel que non por castelán, senón por expoliador, non pode máis que ser considerado como estranxeiro na nosa terra. Sen dúbida se algo aprendemos os galegos tralo paso do tempo, é que non fai falla nacer fóra das nosas fronteiras para poder ser considerado inimigo de Galicia, de Franco a Rajoy, pasando por Fraga ou Feijóo, as políticas de quen nesta terra se criou, deron mostras de que non existe nada peor que a ingratitude dun fillo coa súa terra. Non debería supoñer  logo un lugar de nacemento nunca un obstáculo para diferenciarnos entre nós e eles, faría ben a esquerda galega en lograr identificarse como tal: como esquerda e como galega, signifique iso o que signifique no interior de cada un.

Non podemos permanecer nin un segundo máis divididos por estúpidas rifas fronte ao sometemento unitario que desde fóra se nos impón, de igual modo que non debemos aceptar sen resistencia, mesiánicas solucións deseñadas desde Madrid por líderes políticos máis preocupados polo seu propio futuro electoral que polo dos nosos estómagos. Farían mal desde Podemos ou Esquerda Unida, en intentar fagocitar a alternativa de En Marea, como mal faría tamén Luís Villares entendendo o seu liderazgo máis aló da simple cabeza visible dun movemento complexo e aínda vivo no debate. En Marea non pode perecer froito das egolatrías e os cálculos políticos fantasiosos á vez que erróneos de cada formación, a única opción real para alcanzar a Xunta, é a unidade na alternativa ao PP.

Ameazan as rifas entre vellos nacionalistas, nacionalistas e políticos de novo cuño, con enterrar a Galiza unha vez máis nunha longa noite de pedra simbolizada esta vez na dereita política e as súas medidas liberais de acoso á poboación. Quen aínda hoxe se consideran resistencia fronte ao sometimiento feudal no que vive Galiza, deberían intentar comprender a urxencia nos tempos e a necesidade política dunha terra que necesita unha alternativa unitaria entre todas as formacións progresistas, sexan ou non estas nacionalistas. O contrario supón un paso á ignorancia, ao ostracismo, a unha longa noite sen perspectivas reais de cambio.

“Só os ignorantes
e débiles e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.”

5ff273f101795400e5b4d1518924f138

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s