“Un derbi galego.”

O pasado fin de semana celebrouse na Galiza un partido distinto,un derbi no que as dúas afeccións,agás contadas excepcións deses que se denominan antisistema e independentistas;pero son os que mais lle fan o xogo a Madrid e a ese sistema localista que dende a capital nos querer impoñer,puideron gozar dun ambiente diferente.Un derbi no que a bandeira galega e o himno de todos nós retornaba a estar moi presente por riba de disputas fratricidas entre as aflicións da Galiza.O pasado fin de semana resultou mais doado ca nunca pra calquera afeccionado galego imaxinar o ambiente que se respiraba na súa terra.Xiareiros de punta a punta da Galiza ataviados con bufandas e camisolas dos seus equipos,pero ca bandeira de todos presente tanto nas vestimentas coma nas mans da xente.Esa bandeira que nos identifica como galegos tanto como o noso acento,froito dun idioma que vertebra a nosa terra,e as nosas tradicións. Dende a santa compaña ou as bruxas,ata a Estrella Galicia acompañada de calquera dos numerosos manxares en forma de pincho previos a entrar o estadio.E que sen que necesariamente teña que entrar a política por medio,poucas nacións teñen tan claro o que e a súa identidade como o podemos ter nós.

Galiza o fin e o cabo sempre tivo unha identidade propia,e ben fora en forma de louvanza ou de mofa,sempre se nos lembrou dende fora.Unha identidade propia que por desgraza nunca soubemos canalizar nun movemento político forte que respondera dunha maneira non supeditada a Madrid as nosas problemáticas propias,porque as temos e non son poucas.E non falo de independencia,posto que pode que non sexa a solución,non o sei nin ven o caso,se non que falo de dependencia.Falo da continua dependencia de Galiza a partidos,ou a un partido o PPdeG;tampouco nos vamos a enganar a estas alturas,que goberna dende tempos inmemoriais Galiza como se de un Burguer King se tratase.O PPdG como franquicia do PP que é goberna a nosa terra supeditada os intereses de Madrid,intereses que fan que sectores como o lácteo,o naval ou o sector pesqueiro entre outros se topen unha e outra vez con gobernantes-gobernados que só serven como intermediarios entre as súas reinvendicacións e Madrid.Non fai falla imaxinar que tan longa cadea fai perder tempo e enerxía que outros traballadores deses sectores inverten cos seus gobernos locais en preparar as súas argumentacións que finalmente amosarán en Bruxelas,lugar onde verdadeiramente hoxe se decide o noso futuro.Eu non sei sé a solución a isto pasa por mais autogoberno ou non.Dende logo si estou convencido de que o modelo galego de subcontrata de goberno que nos impón o PP non funciona.E que xa nos amola presentarnos en Europa da man de personaxes políticos que nada saben nin queren saber da defensa dos nosos sectores de produción.

Dende Franco a Rajoy,pasando por Fraga ou o mesmo Feijóo estivemos sempre gobernados e mandados por galegos que non querían selo,galegos que nunca presumiron de tal e que cando abandonaron a terra que os viu nacer se esqueceron da mesma como de nos se esqueceu Castela.Pouco ou nada saben os nosos políticos da capital da loita das nais galegas contra a praga da droga,do sufrimento no seo das familias cando parten os barcos a faena ou do esforzo diario dos mariscadores por gañar o pan nunhas rias cada vez mais mortas pola contaminación e o furtivismo.Nada saben da impotencia de quen loita contra o lume xogándose a súa propia vida pra logo ver como se levantan luxosas urbanización sobre a terra queimada,nada saben do caciquismo de ver como se mercádea cas renovables e con elo co noso futuro.Non saben nin queren saber que seguimos a ser unha terra de presos por pensar,de cheques que limpan o chapapote pero non os nosos pulmóns ou o cancro que inxectaron neles.Nada saben en Castela da dor das familias das vítimas de Angroís xa que non se fixeron programas de éxito nin conexións en directo periódicas con dito accidente.

Son moitos os problemas da miña terra,moitos e todos agrupados nun:o localismo.Ese xerme co que nos acostumaron a ambicionar tres aeroportos de terceira,tres portos exteriores ou catro se é preciso e a ter catro identidades diferenciadas dentro da mesma terra,da mesma nación.Din que os galegos nos sabemos se subimos ou baixamos,e en certa medida teñen parte de razón.Os galegos como pobo,como país,seguimos sen saber como articular nun movemento único unha solución a todos os nosos problemas.Seguimos divididos entre si a unión ten que vir entre partidos de esquerda ou partidos nacionalistas,que si Coruña e o eixo vertebrador ou o e Vigo,atrancos e mais atrancos a unha resposta firme o réxime da franquicia que non franquista,ou xa non tanto,que ocupa o pazo do Horreo.Lembro ben a resposta a traxedia do Prestige agrupada tras “Nunca Máis” unha resposta que rematou aglutinando moitas das reivindicacións históricas da Galiza nun movemento de protesta contra o goberno Popular,unha resposta que soubo vertebrar moitos pequenos intereses nun eixo común cidadán que levou a súa voz,as súas esixencias a política.Ese foi o primeiro 15M,sen portada do New York Times nin placas nas praza,pero si con gaitas e mostras de identidade propia da cidadanía galega que non só dos partidos nas protestas que se levaron a cabo.

O pasado fin de semana vin camisolas do Celta e do Deportivo,vin camisolas da nosa selección e incluso vin a todo un estadio cantando o noso himno unido cunha única voz e déuseme por pensar que mais cedo que tarde poida que isa unidade se de tamén nas papeletas,nas rúas en forma dunha nova política para Galiza.

 

Alfonso Daniel Rodr_guez Castelao - Esbozo para os carteis de propaganda pro Estatuto de Autonom_a de Galicia.jpg

Autor: @SeijoDani

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s